xoves, 9 de maio de 2013

O bautizo de Paloma, a irmá de Richard


O BAUTIZO DE PALOMA:
Oxe foi un día moi especial, xa que miña irmá celebrou o seu bautizo.
Celebrouno, nun restaurante no que había moito espazo no xardín para xogar.
Asistiron moitos nenos polo que fixemos cantidade de actividades e xogos todos xuntos e cunha monitora que os organizaba.
Comemos un montón ata rebentar, tanto, que logo, case ninguén queria probar a tarta, solo Paloma que aínda que é moi pequena, come moitísimo.
Pola tarde,primeiro, xogamos ao escondite.
Logo,"a bomba", consiste en que se forme un coro de nenos que teñen que pasarse unha pelota a persoa continua, mentres, outro neno está situado no medio cos ollos pechados, contando os numeros do un ao vinte e ao chegar ata vinte ten que dicir en alto: Explotou!
E quen en ese intre, teña a bóla será eliminado do xogo.
Tamén xogamos a xogos de auga, e nos metímos na piscina. Nela nos sacamos moitas fotos debaixo do auga cunha cámara acuática de Xiana, a mellor amiga da miña irmá.
Para finalizar, ao amencer fixemos unha especie de merenda-cea, e tamén fixemos moitísimos xogos nocturnos,aparte bailamos coma locos todos facendo o parvo coa monitora e os nosos pais e familiares.A festa acabou as once e media da noite. Foi un día xenial!



Ningún comentario:

Publicar un comentario